As familias galegas repetiron o boicot na reválida de 3º de primaria, realizada esta semana cunha alta abstención, que  repetiu a rexistrada na proba de 6º e se notou sobre todo nos colexios públicos. 


E este mércores o tema será debatido no parlamento galego. Ana Pontón, voceira nacional do BNG, preguntaralle ao presidente da Xunta sobre as súas razóns "para non atender as demandas da comunidade educativa en relación coas reválidas e a LOMCE". 


Non será a primeira vez que Alberto Núñez Feijóo se pronuncie sobre este tema. Despois da alta abstención rexistrada na proba de sexto xa asegurou que o rexeitamento dun gran número de familias era algo que non podían obviar, pero nese momento confiou en que as probas se irían "normalizando" co paso dos anos. 

POWERED BY BIGPRESS