reiterado peche de camas no Hospital Meixoeiro de Vigo, que segundo CCOO pronto contaxiará ao Álvaro Cunqueiro, ten levado á xunta persoal do Chuvi e á asociación SOS Meixoeiro a convocar unha concentración de protesta para o vindeiro mércores 1 de xuño.


Será na entrada do propio hospital Meixoeiro, e demandará a apertura de todas as camas de hospitalización, unha medida que consideran esencial nun hospital que durante a pasada fin de semana chegou a ter máis da metade das súas camas inoperativas.


Tamén reclaman que se reabra a unidade de críticos do hospital a pleno rendemento en todos os turnos, cos recursos humanos e materiais necesarios para "garantir a seguridade dos pacientes".


Esixen que non se produza "nin unha derivación" a clínicas ou hospitais privados mentres existan camas libres no Meixoeiro e por último reclaman un "plan de choque" para reducir as "escandalosas" listaxes de espera da área sanitaria, coa utilización de quirófanos en quendas de mañá e tarde e coa contratación do "persoal necesario". 

POWERED BY BIGPRESS