O expresidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, unirase ao seu fillo Manuel Baltar no banco dos acusados, no marco da investigación aberta trala denuncia presentada por unha muller acusando ao actual presidente da Deputación de ofrecerlle traballo a cambio de manter relacións sexuales con el.


O expresidente da Deputación de Ourense deberá declarar o vindeiro 8 de xuño por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias, os mesmos delitos polos que está investigado o seu fillo.


Ademais, tamén están citadas en calidade de testemuñas o asesor xurídico da deputación no momento dos feitos que se investigan e o representante dun hotel da cidade. 



POWERED BY BIGPRESS