CCOO considera un "despropósito, unha esaxeración fóra de toda racionalidade e proporcionalidade" a pena de tres anos de cárcere solicitada para os 16 mariñeiros do cerco acusados de provocar desordes públicos trala protesta improvisada que se produciu en Vigo en marzo de 2014, con enfrontamentos cos antidisturbios.


O sindicato observa criterios "máis políticos que xurídicos" na acusación, que considera fundamentada nun relato "esaxerado e dramatizado". Sostén que esta actitude responde á intención de "escarmentar e silenciar protestas" como a que levou a estes mariñeiros a saír á rúa hai dous anos "en defensa dos seus postos de traballo e dunha repartición xusta da cota pesqueira".


Dende comisións piden que "se faga xustiza" cos acusados e que sexan "absoltos". 

POWERED BY BIGPRESS