Se alguén quere pintar a súa casa de verde pistacho debería acelerar, non vaia a ser que dentro de pouco non poida. A Xunta atópase preparando en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) unha guía de cores e materiales para acadar “unha verdadeira integración paisaxística” dos edificios no seu entorno.


Unha guía na que se terá moi en conta a tradición, pero na que tamén se admitirán elementos innovadores. Non será igual para toda Galicia, senón que os materiais máis recomendables e as paletas de colores máis congruentes variarán para cada unha das 12 grandes áreas paisaxísticas de Galicia.


Será elaborada a través dun convenio dotado con algo máis de 163.000 euros e debería estar lista para final de ano, para que poida entrar en vigor para o ano que vén. A través dun concurso, seleccionaranse 6 equipos de arquitectos, que se encargarán de dúas áreas paisaxísticas cada un. 


Cando entre en vigor, afectará tanto ás zonas rurales como ás urbanas e periurbanas. 

POWERED BY BIGPRESS