As sensacións que suxire a Ruta Xacobea percorrerán Galicia nunha mostra itinerante, que recolle as impresiónsde varios fotógrafos galegos que se converteron en peregrinospara plasmar a súa particular visión do Camiño.


A mostra leva por nome'Via Iacobitana', e levará esta visión contemporánea do Camiño ata Santiago de Compostela, Pontevedra, Ribadeo, Fene, Pontedeume, Valdoviño e Ourense.


A través das imaxes presentadas poderase contemplar diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadaspaisaxes, os peregrinos, os habitantes e o patrimonio culturalque atesouran, todo dende a óptica persoal de cada autor.


A exposición púxose en marcha a través dun convenio de colaboración firmado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e do director de Viaqua, Julio Masid.


POWERED BY BIGPRESS