Só unha deputada galega, a socialista Dolores Galovart, renunciou ao finiquito de 8.200 euros ao que teñen dereito trala disolución das cortes, aínda que estas só estiveran en marcha durante uns meses.


Dos outros 23 parlamentarios que aportou Galicia, hai cinco que non tiñan dereito a indemnización xa que siguen formando parte da Deputación permanente e outros dous que non podían cobrala debido a que é incompatible cos seus ingresos procedentes da actividade privada.


Pero os outros quince cobraron a compensación, seis do partido popular, catro de En Marea, catro do PSOE e o único deputado galego de Ciudadanos.


Estas indemnizacións súmanse ás que xa se adxudicaron os senadores, tamén superiores aos 8.000 euros, sen que ningún dos galegos renunciase.


POWERED BY BIGPRESS