O consello da Xunta aprobou este xoves o novo Plan Forestal de Galicia, que actualiza a lexislación de 1992, e que pretende crear “un modelo de monte actualizado” que “produza emprego e riqueza”.


O plan foi presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que recordou que se trata do froito dun grupo de traballo que comezou a tarefa de actualización en 2014. Asegura que as directrices do novo plan foron aprobados por unanimidade, fixando un modelo que pretende “utilizar os recursos de forma eficiente” e acadar un “monte multifuncional”.


Algunhas das liñas fundamentais que persegue este novo plan son o aumento da superficie ocupada por árbores como o castiñeiro, o carballo ou a cerdeira, como xa se adiantou hai unhas semanas co plan para subvencionar a plantación dun millón de castiñerios en Galicia.


En canto ao eucalipto, o obxectivo marcado polo novo plan é “manter ou reducir” a superficie que ocupa “de acordo coas necesidades da industria”. Tamén se pretende aproveitar a biomasa e “incrementar a calidade da madeira producida”, perseguindo que o 35 da madeira producida poida ser clasificada como de calidade”. 

POWERED BY BIGPRESS