O xulgado de instrucción número 2 de Lugo considera probado que durante as eleccións de 2012 o expresidente do PP de Lugo José Luis Iravedra conduciu a unha anciá en cadeira de rodas con "deterioración cognitiva" a unha mesa electoral, en base ás fotografías achegadas á causa pola denunciante Esquerda Unida.


Rematada a instrucción, tamén considera probado que outros tres militantes do PP (Teresa Taboada, Serafín Rodríguez e Benigno Gómez) levaron en 2012 a anciáns en cadeira de rodas a votar en Lugo.


Aínda que a fiscalía insta ao arquivo da causa, a xuíza defende continuar coa tramitación do procedemento. As partes ten dez días para demandar a apertura de xuízo oral, algo que medios como eldiario.es dan por seguro.


IRAVEDRA RECOÑECE O CARREXO



José Luis Iravedra xa recoñeceu que levou a unha anciá dende a residencia de San Roque ao colexio electoral "a 200 metros" do asilo.


Pero na súa declaración ante a xuíza en 2014 alegou que o fixo a petición do asilo. "Desde o asilo fíxose unha chamada telefónica á sede do PP (de Lugo) para que se axudase a desprazar ao colexio electoral a persoas en cadeiras de rodas, con dificultades de mobilidade", declarou no seu momento o expresidente do PP lucense e exmembro do consello da CRTVG.

POWERED BY BIGPRESS