A economía galega medrará un 2,8% neste 2016, segundo a revisión dos datos ofrecidos este venres polo presidente da Xunta, que tamén prevé que o paro se sitúe no 17%.


Esta revisión do crecemento supón unha alza de tres décimas sobre o crecemento estimado do 2,5% co que se contaba ata o de agora dende a Xunta.


Iso sí, iguala o crecemento previsto por BBVA a comezos de ano e eleva nunha décima as previsións do banco de España.


Alberto Núñez Feijóo concretou hoxe na clausura dunhas xornadas da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), as súas palabras de fai cinco días, cando xa avanzara, nunha entrevista na Radio Galega, que se revisaría por o índice de crecemento "varias décimas".

POWERED BY BIGPRESS