O poeta Xurxo Alonso, consolidado escritor vilagarcián, foi elixido gañador do XXII Premio de Poesía Cidade de Ourense pola súa obra Cartas da fronteira. O xurado desta edición, composto por Isabel Alves, Fernando de Castro, Luciano Rodríguez, Amalia Moreiras, e Luís González Tosar, reuníuse hoxe no Liceo para dilucidar a mellor das 57 obras presentadas a un concurso aberto a todos os cidadáns da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


Dotado cunha cantidade de 6.000 euros xunto coa publicación do libro, Alonso recibirá tamén 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado na edición 2017.



POWERED BY BIGPRESS