Juan Domínguez marcha a Mallorca en busca dos minutos que non tivo esta tempada na Coruña. Sae cedido por unha campaña -ten contrato ata 2018- para se pór ás ordes de Fernándo Vázquez, un vello coñecido. Nas illas, o equipo bermellón chámao a ser "un xogador de referencia", tal e como asegura o club na súa web.


O Mallorca xa pretendeu a Juan Domínguez no mercado de inverno. Ao xogador saíronlle máis pretendentes este verán, despois do "peor ano da miña carreira deportiva", tal e como recoñeceu o propio Juan Domíngez.

POWERED BY BIGPRESS