O Deportivo anuncia a contratación do gardameta Przemysław Tytoń por tres temporadas. Tyton, de 29 anos, chega libre desde o Stuttgart, da Bundesliga, despois do descenso do club alemán.


O gardameta foi internacional con Polonia e conta xa con experiencia en España, xogou no Elche cedido na temporada 2014-2015. Á Coruña chegará no mes de xullo, coincidindo co inicio da pretemporada, segundo anuncia o club herculino.

POWERED BY BIGPRESS