O Celta de Vigo perde un dos seus referentes das pasadas campañas. Nolito abandona a disciplina celeste para se incorporar ao Manchester City. Ambos os dous clubs chegaron a un acordo que finiquita as especulacións e que sumará 18 millóns de euros ás contas do equipo vigués.


O importe total da operación é o mesmo da cláusula de rescisión. O dianteiro gaditano asina por tres temporadas con opción a unha cuarta e cobrará, pola súa parte, ao redor de 4 millóns de euros. Nas costas levará o dorsal 9 na súa nova etapa con Pep Guardiola no banco, adestrador co que compartiu vestiario no Barcelona.


O Celta agradece a Nolito o seu "compromiso, profesionalidade e absoluta entrega durante as tres temporadas nas que defendeu a camisa celeste". Tamén lle desexa "o maior dos éxitos".

POWERED BY BIGPRESS