O Celta comeza a pretemporada cunha soa cara nova
lunes, 4 de julio de 2016, 13:22
O Celta arrinca esta tarde a pretemporada cunha sesión a porta aberta. Berizzo ten convocados a 25 xogadores a partir das 6 e media na Madroa. Haberá só unha cara nova, a de Naranjo, única incorporación ata o de agora do conxunto celeste.
O plantel aínda está en construción e faltan moitos reforzos con vistas a que este ano o equipo xogará competición europea e precisa un número amplo de efectivos.