A Policía Nacional detivo esta noite a un home de Ferrol que supostamente secuestrou a súa ex parella tras golpear o actual noivo da moza cunha barra de ferro. A detención tivo lugar en Narón, na zona de O Feal, e, segundo afirman fontes policiais, o secuestrador atópase na comisaría de Ferrol.


As mesmas fontes aseguraron que a moza apareceu durante a madrugada deste luns en bo estado e, desde o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, informaron de que a actual parella da muller, agredido polo detido, foi dado de alta tamén esta madrugada.


Os feitos tiveron lugar na tarde do domingo, á altura da rúa San Pedro, en Ferrol, onde o suposto agresor golpeou o actual noivo da moza cunha barra de ferro e introduciu a muller no seu vehículo.

POWERED BY BIGPRESS