O Celta de Vigo está de pretemporada no Centro de Estagios de Melgaço (Portugal), tras volver de Uruguai. Para afinar un pouco máis a preparación, esta noite mídese ao Valladolid, dirixido por Paco Herrera e que podería ser o reencontro de Álex López co club celeste, despois da súa cesión.


Berizzo non deu descanso esta mañá aos xogadores, aínda que a sesión foi máis lixeira para os que disputan este novo amigable. Será o cuarto partido de pretemporada, tras medirse ao Lugo en Barreiro e os duelos da xira Uruguaia fronte ao Dépor e o Nacional de Montevideo.

POWERED BY BIGPRESS