Galicia percibe do Estado máis de 3.600 millóns de euros
martes, 2 de agosto de 2016, 19:33
Segundo os datos que deu a coñecer o Ministerio de Hacienda, Galicia ocupa o sexto posto na lista de 12 autonomías que reciben máis do que aportan. Os ingresos fiscais supoñen para a nosa comunidade 3.600 millóns de euros, un 6,8% do PIB.
No lado oposto, cos datos de 2013 na man, está Madrid, que é a que máis aporta a outras comunidades en comparación co que recibe. En concreto, o 9% do seu PIB. Duplica a Cataluña, que tamén está en negativo canda Baleares, Navarra e Valencia.
O resto de rexións teñen saldo fiscal positivo. No noso caso, a cada galego 'correspóndenlle' 1.326 euros deste reparto de fondos.