En Marea abre este venres o proceso para conformar as súas candidaturas para as eleccións autonómicas do 25 de setembro e elixir tamén o seu candidato á presidencia da Xunta. Así o informaron, en roda de prensa, os alcaldes da Coruña e Santiago, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, respectivamente, xunto a integrantes do comité electoral, na súa condición de portavoces da Coordinadora de En Marea.


A partir deste venres, desde as 00.00 horas, abrirase o prazo para presentar candidaturas. Os días 16 e 17 de agosto terá lugar a votación, despois de que o 15 termine a campaña de primarias. A proclamación de candidatos será o 20 de agosto.


En roda de prensa, tanto Ferreiro como Noriega invitaron os militantes de Podemos a se sumar a este proceso, mentres que rexeitaron a posiblidad dunha coalición ou de negociación "entre cúpulas". "Diálogo aberto, pero non negociación", sentenciou Ferreiro.


POWERED BY BIGPRESS