Rafael Nadal e Marc López xa son ouro olímpico. O balear xa o fora nos Xogos de Pequín 2008, co que acumula o segundo na súa carreira. Os tenistas españois lográrono en tres sets, nun longo partido ante os romaneses Mergea e Tecau. O primeiro foi para os españois por 6-2, e o segundo foi por 3-6 para os romaneses. O terceiro set foi máis longo e competido.

Rafa Nadal dubidara se competir nos Xogos ou non debido a unha lesión no pulso, e finalmente decidiu competir nos individuais -onde se meteu nas semifinais e pelexa por outra medalla con Del Potro-, nos dobres mixtos -aínda que se retirou- e no dobre masculino.

En Natación, Mireia Belmonte quedou ás portas dunha medalla na proba dos 800 libres. Nadou máis rápido ca nunca e bateu a marca española na especialidade, que fixera ela mesma en Londres e lle valera para unha prata. "Iso quere dicir que a natación cada catro anos está máis difícil, porque eu cun tempo superior ao de hoxe fun prata en Londres", sinalou Belmonte.

POWERED BY BIGPRESS