Axentes da Policía Autonómica de Vigo informaron da detención dun home como presunto autor de tres incendios forestais intencionados ocorridos en Covelo


Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, os lumes que se lle atribúen ocorreron entre os días 9 e 10 de agosto na parroquia de Piñeiro e afectaron a unha superficie estimada de cinco hectáreas de monte. Ademais, puxeron en perigo vivendas próximas.


Polos feitos instruíronse dilixencias, que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 de Ponteareas. Na actual campaña contrainciendios, a Policía Autonómica investigou ou detivo a 43 persoas pola súa suposta relación con lumes forestais.

POWERED BY BIGPRESS