Así o indicou a psicóloga do Centro de Información á Muller de Santiago Dolores Lajos, quen incidiu na importancia de que o persoal administrativo local "corrixa os estigmas" de xénero e utilice unha "linguaxe inclusiva".


Ademais, explicou que se distribuirán máis de 1.000 “alfombrillas” para ratos de computadores que incluirán os termos recomendados para "visibilizar" e favorecer a "corrección dos erros". De feito, sinalou que a utilización da linguaxe sexista rexístrase en impresos do Concello, na páxina web local e mesmo na sección de prensa.


MASCULINO XENÉRICO


Na presentación tamén interveu a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, quen criticou a tendencia á utilización do masculino como xenérico e apostou por substituír palabras como "traballadores" ou "alumnos" por "persoal" ou "alumnado".


Nesta liña, Marta Lois destacou a "evolución" da linguaxe, que incluíu termos que "antes non existían" para designar profesións nas que se introduciu a muller. Así, incidiu na aposta do goberno local por unha linguaxe "non parcial" e pola utilización de termos xenéricos.

POWERED BY BIGPRESS