//@PPdeGalicia


O PPdeG distribuirá desde este luns, día 29, un xornal que aborda a xestión do presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, realizada nesta administración.



No diario, inclúense a visión de Feijóo sobre a situación política actual, "detalles menos coñecidos" da súa personalidade e un balance da súa xestión, así como o posicionamento do PPdeG en distintos ámbitos, segundo indicou a formación popular nun comunicado.


Ademais, o xornal recolle distintas opinións e peticións que trasladaron os cidadáns a Feijóo mediante o 'Faladoiro', un banco no que sentou a conversar cos veciños en distintos puntos de Galicia para coñecer as súas inquietudes.



POWERED BY BIGPRESS