Imaxe do portal de noticias Menéame "Hola, me llamo Pepa"


O portal de noticias Menéame publica a carta dunha muller que padece cancro de mama e está á espera dun TAC para reanudar o tratamento da súa enfermidade. Desde o 27 de xullo leva esperando para que a chamen para realizar esta proba, que pediu o seu médico “con carácter urxente no prazo dun mes”. Ante a falta de resposta do SERGAS, a muller costeouse o TAC gracias á axuda da súa familia, nunha clínica privada, pero advirte que os seus recursos son limitados e seguramente non podería volver facelo. 


Conta Pepa que vive “pegada ao teléfono” esperando por unha chamada que nunca chega. Sen esta proba, non pode reanudar o tratamento e conta que sinte que o partido (da vida) está “en tempo de desconto”. “Pero ¿quién ha decidido pitar el final y que mi vida ya no valga la pena?”, pregúntase a muller.


Porén, para ela non é unha situación nova senon que afirma que esta historia “repítese” constantemente.


Denuncia na súa misiva ó Sergas que desde que o retraso nas probas oncolóxicas é crónico: “esperas de hasta varios meses, reclamaciones que caen en saco roto, etc. Toca sufrir y pelearse”.


Di que comprende que a súa enfermidade poida non ter cura, pero culpa aos responsables do sistema sanitario das neglixencias e falta de atención que, potencialmente, poderían rematar coa súa vida. “¿Qué se supone que debo hacer? ¿Esperar? El cáncer no entiende de plazos, recortes, listas de espera, ni se va de vacaciones”, explica.


Culpa aos “recortes” da situación que lle está tocando vivir, e acusa aos políticos de encherse a boca falando da sanidade pública pero “la cuestionan contratando para sí mismos mutuas privadas y lapidando con recortes la (sanidad) pública”.




POWERED BY BIGPRESS