Ademais dun helicóptero, unha embarcación marítima, efectivos do GES e de Protección Civil, agora tamén colaboran buzos da Garda Civil na búsqueda do home de 62 anos desaparecido n’A Guarda. Durante esta mañá os efectivos atoparon unha das zapatillas e unha toalla que podería pertencer ao home.


Foi un amigo do desaparecido quen deu a voz de alarma a última hora do domingo. O operativo de búsqueda activouse inmediatamente e continuou esta mañá aproveitando que a marea estaba baixa.


Hoxe produciuse tamén a primeira inmersión dos mergulladores que son imprescindibles nas labores de búsqueda dado que esta zona é moi complicada polo escarpado das rochas e as cavidades submarinas.


O desaparecido fora cun amigo coller percebes e supostamente, puido caer ao mar desde unha zona rochosa.

POWERED BY BIGPRESS