O dianteiro coruñés compareceu no estadio de Riazor para despedirse do deportivismo. Fíxoo acompañado de Tino Fernández, o presidente da entidade, que lle deu as gracias por "dous anos de paixón, goles e alegrías" e dixo que era o momento do "ata sempre" porque "Lucas Pérez sempre será do Deportivo". Engadiu o presidente que o Arsenal lévase a "un gran xogador".


Polo seu lado, o dianteiro recoñeceu que "sabía do interés do Arsenal" e mostrouse orgulloso por "irse "a un dos mellores clubes do mundo". Argumentou tamén que "non é menos fiel ó Dépor por irse, e afirmou que "o Deportivo foi grande, é grande e será grande".


Ademais, dixo sentirse moi arroupado polo vestiario, ao que lle gustaría que Lucasse quedase: "Demostráronme un gran aprecio. Moito cariño. Nunca me atopei un vestuario coma o do Deportivo, que sexa tan familiar".


Lucas Pérez mostrouse tamén moi "ilusionado" de xogar e competir "cos mellores" e móstrase incrédulo coa consecución do seu soño, que non esperaba cumprir aos seus 28. 



POWERED BY BIGPRESS