Son xa 13 días sen noticias de Diana Quer, a moza madrileña á que se lle perdeu a pista o pasado 21 de agosto na localidade coruñesa de Pobra do Caramiñal.



Despois das batidas do xoves e o venres, nas que participaron máis de cen voluntarios acompañados en todo momento de efectivos da Garda Civil, hoxe reanúdanse as labouras de rescate pero xa sen a colaboración da veciñanza e soamente na contorna da vila.



Segundo informa a CRTVG, os investigadores colleron nas últimas horas varios obxectos da casa da familia Quer que poderían conducir as pesquisas, entre eles estarían un peine do que poderían extraer o ADN da moza, ou unha caixa de pastillas, entre outros.



Ademais, despois de que varios medios informasen de "contradicións" nas declaracións da nai de Diana, e segundo o avogado da mesma, a proxenitora da moza irá voluntariamente a prestar testimonio de novo. Ademais o avogado informou de que a López-Pinel estuda emprenderaccións legais contra a retirada de custodia da filla menor, Valeria Quer.



As investigacións ademais exténdense a Madrid onde Axentes da Unidade Central Operativa estarían interrogando a diferentes amizades de Diana. Alí se atopa tamén o pai da moza, quen deixou a vila despois de que se retirara a custodia de Valeria Quer á nai.

POWERED BY BIGPRESS