A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima.

O lume iniciábase ás 00:42 horas desta madrugada e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar traballan 2 axentes, 6 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.


Actualización: quedou controlado durante a tarde do domingo.

POWERED BY BIGPRESS