Imaxe do folleto promocional // Vigo Cultura


A exposición 'Airiños Aires. Rosalía', por Xurxo Lobato, chega este luns ao centro Torrente Ballester de Ferrol dentro do seu itinerancia polas sete cidades do país.


A mostra, organizada pola Fundación Rosalía e pola Obra Social La Caixa, é "unha humilde homenaxe á poetisa", segundo explicou o propio Xurxo Lobato. Ademais, pretende reivindicar a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade.


Trátase dunha mostra de 50 imaxes de gran formato que trazan a xeografía física, pero tamén emocional da escritora, que durante a súa existencia cambiou constantemente de residencia e de localidade.

POWERED BY BIGPRESS