Imaxe de @APRAFOGA


Os axentes medioambientais veñen de deter un home que se atopaba pescando, presuntamente salmónidos, de maneira ilegal nun tramo do río Tea á altura de Mondariz que fora afectado por un vertido en 2014. O pescador, ademais de non ter licencia e atoparse pescando en época non hábil, empregaba cebo natural, o cal non está autorizado nesta modalidade de pesca. 


Os axentes medioambientais, que teñen entre as súas competencias a vixiancia e custodia de tramos fluviais, comisáronlle a cana ao home, que agora se enfronta a un expediente administrativo por unha falta que pode ser grave ou moi grave, segundo informan dende o colectivo APRAFOGA. 


De enfrontarse a unha sanción grave, a multa estaría comprendida entre entre 3.005,07 e 30.050,61 euros e inhabilitación para obter a licenza de pesca durante un período dun ano e un día a tres anos as seguintes, segundo a Lei de Pesca Fluvial de Galicia; mentres que de ser considerada "moi grave", o home podería ser sancionado cunha multa de entre 30.030,62 e 300.506,05 de euros.



POWERED BY BIGPRESS