Segundo varios medios de comunicación, o GPS do móbil da moza madrileña desaparecida en Pobra do Caramiñal indica que se moveu a unha velocidade que fai sospeitar que subiu nun coche a noite que se lle perdeu o rastro. 


Ademais, sábese que o terminal da rapaza estivo activo ata as 4 da mañá, cando se perdeu a sinal, presuntamente porque o teléfono se quedou sen batería. O achado desestimaría os testemuños que situaban a Diana ás sete da mañá no centro da vila cunha roupa distinta. Tamén se descoñece se a moza subiría ao coche por vontade propia.


Mentres, a investigación segue adiante sen ningunha hipótese clara, aínda que cobra peso a da marcha voluntaria despois de que o pai da rapaza, Juan Carlos Quer, concedese unha entrevista a un programa de televisión na que fixo un chamamento á súa filla: "Se non queres volver, non volvas, pero polo menos que saibamos que estás ben".


A FAMILIA XA NON ESTÁ EN GALICIA


A casa da Pobra onde veranea Diana Quer e a súa familia está xa baleira. Tras a marcha da irmá menor da desaparecida, da que se fixo cargo o seu pai, a nai volveu a Madrid. A pesar desta viaxe, ao parecer, a súa intención é a de regresar a Galicia.


Mentres, a investigación segue adiante sen descartar aínda ningunha hipótese. Pese ao hermetismo das pescudas, motivado por que o caso está baixo segredo de sumario, transcendeu que entre os lugares que se rexistraron na procura de pistas está o veleiro do pai. O barco leva catro anos atracado no porto da Pobra e, segundo parece, as dúas irmás refuxiábanse nel cando se enfadaban. O proxenitor tamén confirmou que os investigadores levaron o computador de Diana para rexistralo.


POWERED BY BIGPRESS