Os Paralímpicos españois iniciaron a súa andaina en Río 2016 co entusiasmo que os caracteriza. A delegación, cuxo Comité preside Miguel Carballeda, está disposta a alegrarnos a vida regresando a casa con non menos de corenta medallas, o cal a converte nunha superpotencia do deporte paralímpico a nivel mundial.


Pero iso, para eles, non é o máis importante. O que realmente os motiva é o orgullo de sentirse deportistas e que todos nós os recoñezamos como tales. Para conseguilo traballan, no máis absoluto dos anonimatos, miles de horas, semana tras semana, mes tras mes.


Agora nosas grandes empresas, grazas ao traballo de Carballeda e o seu equipo que venderon ilusión ás marcas máis coñecidas, patrocinan a estes grandes campións e presumen publicamente de ser sponsors. Este país creceu tanto, neste campo, desde Barcelona 92 que un sente orgulloso de que a sementa económica e humana da ONCE xerminase tan ben e tan rápido.


Todo é necesariamente mellorable, pero hai que ver! o que chega a facer pola discapacidade un pequeno cupón que se sortea todos os días. O mundo sen barreiras que soñamos moitos é precisamente iso: dar visibilidade a aqueles que sociedades que presumen de ser moito máis potentes que as nosas, non outorgan no seu día a día ou nos seus lugares de traballo.


Queda moito por facer, pero hoxe toca animar os nosos paralímpicos entre os que hai auténticos Nadales ou Mireias Belmonte que apenas son coñecidos polos afeccionados, pero que entre as federacións de todo o mundo destacan dunha maneira case idolátrica. Son líderes indiscutibles e compatriotas dos que todos nós debemos sentirnos orgullosos.


Ánimo Campións, o voso momento xa chegou. 

POWERED BY BIGPRESS