A Real Academia Galega (RAG) organiza este sábado ,17 de setembro, en Pontevedra, unha xornada sobre as experiencias de recollida de topónimos, segundo informa a institución galega, que leva a cabo esta proposta en colaboración coa Deputación Provincial.


Nun comunicado, a RAG asegura que Galicia ten "a cuarta parte dos nomes de lugar de toda España e 4.000 máis que todo Portugal, pero a preservación desta herdanza require intensificar a recollida dos nomes", advirte.


Co propósito de promover a colaboración cidadá interxeracional para salvar este patrimonio inmaterial, a RAG e a Deputación de Pontevedra celebran este 17 de setembro a 'Xornada de Onomástica Galega'.


Nela, segundo a RAG, expoñeranse experiencias de recollida desenvolvidas desde distintos ámbitos como o educativo ata as comunidades de montes.

POWERED BY BIGPRESS