Cristina Losada subía este domingo unha foto á rede social Twitter na que aparecía o autobús de campaña do seu partido. Ata aquí todo correcto. Porén, a imaxe tornouse viral case de inmediato. O motivo? A cantidade de erros que acumulaba a rotulación promocional do vehículo


Pormenoricemos: por unha banda, temos o primeiro erro na bandeira galega, que ten a franxa cambiada, pois aparece de abaixo a arriba de esquerda a dereita, cando debería de ser de arriba a abaixo. Un erro bastante garrafal que non pasou por alto en Twitter.




O segundo erro está na mestura arbitraria entre castelán e galego do eslogan. Por un lado reza "No nos conformemos" e debaixo pon "Galicia merécese máis". Esta segunda frase ademais ten un erro gramatical pois debería ser "merece máis" no canto de merécese, que é un castelanismo. 


Por se isto fose pouco, os nomes de Losada e Rivera aparecen cambiados. Onde está a foto de Losada, aparece o nome de Rivera, e onde está a foto de Rivera aparece o nome de Losada. Como adoita pasar nas redes sociais, os memes non se fixeron agardar.






POWERED BY BIGPRESS