Os fans do Land Rober están de noraboa. Esta noite volve o espazo máis popular da CRTV, conducido polo mediático Roberto Vilar.


A nova tempada de 'Land Rober Tunai Show' trae novas seccións, segundo adianta a CRTVG na súa web, nas cales a audiencia vai coñecer novas personaxes, ademais de contar coa música do grupo Agoraphobia e a compaña dos imprescindibles Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.


Ademais, esta tempada o programa anda na procura de novos colaboradores, polo que abren un casting de 'pintamonas' que trae a novidade de desenvolverse a través de WhatsApp. Se queren saber máis prendan a galega esta noite ás 22:05horas.



POWERED BY BIGPRESS