A polémica pola adxudicación dos postos de polbo para as festas do San Froilán, en Lugo, segue gañando intensidade conforme se acercan as datas. Así, Hosteleiros da cidade presentaron no Concello un recurso contra as bases polas que se rexiu a poxa para adxudicar os postos.
Os pulpeiros clásicos destas festas non conseguiron facerse con ningunha das casetas, pois Bruxa Consulting pagou 50.000 euros máis que os habituais. Deste xeito, anuncian que vixiarán que a empresa adxudicataria cumpra estritamente as condicións das bases.
E a polémica tamén se ve agrandada porque sosteñen que as casetas deberían estar xa instaladas. Pola súa banda, o empresario que as conseguiu explicou a El Progreso que xa ten pechado o aluguer de dúas e que a montaxe é sinxela, polo que a instalación se fará a próxima semana.
jueves, 15 de septiembre de 2016, 10:48