A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apelou este luns á "conciencia cívica" tras cursar a Policía Local denuncias contra seis persoas por ouriñar nas paredes externas da Catedral e a outras dúas na rúa Bispo Basulto.


"O patrimonio é unha cuestión de todos e moitas veces o labor de concienciación e de sensibilización no sentido de que non se están vulnerando os dereitos non só dun senón do resto dos cidadáns ten que primar", avogou.


Ademais, a rexedora celebrou "a colaboración entre institucións" para frear estas condutas, á vez que anunciou que este "problema" abordarase na próxima reunión da Xunta Local de Seguridade.


Lara Méndez dixo que as sancións ao tratarse da Catedral, que é Patrimonio da Humanidade, poderían superar os 60 euros, aínda que volvía insistir "en que non se trata tanto de perseguir e multar senón de buscar a concienciación cidadá de que o patrimonio é cousa de todos e a educación ten que primar por encima de todo".


POLBO


Por outra banda, preguntada sobre as adxudicacións das casetas do polbo e dos caldeiros para as festas de San Froilán, a alcaldesa subliñou que "desde o Concello déronse todas as explicacións que se tiñan que dar".


Deste xeito, en relación á poxa das casetas, na que se impuxo Bruxa Consulting, defendeu que foi "un proceso regrado, no que puido participar todo o mundo".

POWERED BY BIGPRESS