Diana López-Pinel, que declarou o pasado venres en Ribeira en calidade de investigada no caso da custodia de Valeria Quer, estaría imputada por dous presuntos delitos, o de ‘omisión de custodia’ e o de ‘maltrato continuado’, segundo informaron diversos medios. 


Os mesmos medios sinalan a que o fiscal acaba de solicitar que o pai de Diana Quer tamén sexa investigado polos mesmos delitos. Ao parecer as causas dos feitos estarían en episodios de ingresos hospitalarios de Valeria Quer. De demostrarse a veracidade das acusacións, as penas poderían chegar aos dous anos de cárcere


A xuíz de Ribeira que levaba o caso inhibiuse a favor dos xulgados de Pozuelo de Alarcón onde continuará a instrución.


UN MES DA DESAPARICIÓN


A nai de Diana facía onte un chamamento á colaboración cidadá para dar coa moza e dirixíase directamente á súa filla ante as cámaras dicíndolle “mamá te ama, te espera, te busca y te va a buscar hasta que aparezcas”.


A Garda Civil, que emprega na actualidade 33 efectivos e chegou a mobilizar a 103 axentes ao considerar de alto risco o sucedido, "segue en busca da pista que conduza a un sospeitoso sen descartar ningunha hipótese", segundo consta no balance de situación tras un mes sen rastro da moza 


Neste tempo, realizáronse máis de 200 entrevistas e un centenar de declaracións, o que revela a complexidade dun caso no que a Garda Civil cotexou a información de 15.000 matrículas de vehículos --a maioría de baixa calidade-- e analizado numerosos móbiles e repetidores para escudriñar o sinal e o tráfico dos terminais, incluíndo o dos pais, Diana López-Pinel e Juan Carlos Quer.


A Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Noia e a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil --que o 29 de agosto desprazou desde Madrid a un comandante, un capitán, un sarxento e catro axentes-- volven a escudriñar cada detalle nun caso no que se están empregando todos os recursos. "Todas as desaparicións son diferentes e igualmente importantes para as forzas de seguridade e empréganse os medios que cada caso precisa", explican fontes do Instituto Armado.


POWERED BY BIGPRESS