En Galicia votaron a estas horas un 15% dos electores, dous puntos por enriba da cifra rexistrada en 2012 á mesma hora. 


Por provincias, aumentou a participación nas catro provincias galegas. Na Coruña, segundo o primeiro avance, votaron un 14,65% do censo, en comparación co 12,41% rexistrado en 2012 a estas horas. 


En Lugo, votaron xa un 15,04%, en comparación co 13,02% do 2012; en Pontevedra o 14,21%, en relación ao 11,95% de 2012 e en Ourense rexístrase a participación máis alta a estas horas, un 18,11% en relación ao 15,79% de 2012. 


Deste xeito, ás 12:20h a participación subiu nun 2,18 por cento co 96,50 por cento das mesas electorais escrutadas, segundo recolle a páxina web habilitada pola Xunta --http://resultados2016.xunta.gal--.


POWERED BY BIGPRESS