Un novo encontro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) terá lugar o 28 de setembro no marco da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital.


Segundo informa a Xunta, a xornada abodará o "Internet das cousas" (IoT nas súas siglas en inglés) coa participación de expertos na materia e desenvolverase na sede do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia Gradiant, no campus universitario de Vigo.


O director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo no campus de Ourense e membro da xunta de goberno do CPEIG, Francisco Javier Rodríguez Martínez, será o encargado da benvida institucional.


A continuación intervirá o director do primeiro master sobre IoT e catedrático da Universidade de Salamanca, Juan Manuel Corbacho. Tras un breve descanso, falará José Antonio Laxas, CTO de Conexiona.


O último en intervir no encontro dixital será o xefe de Servizos de Feiraco, o enxeñeiro agrónomo Rafael García Gabeiras. Unha mesa redonda pechará a xornada coa participación dos conferenciantes e do público.


POWERED BY BIGPRESS