Vense abaixo un dos alicerces da investigación pola desaparición de Diana Quer. As gravacións das 57 cámaras de videovixiancia que se reparten ao longo da autovía do Barbanza (AG-11), e que rexistran gravacións que ían ser clave na investigación, poderían non ter suficiente nitidez para identificar as matrículas dos coches e desta forma determinar o vehículo no que se cre que a desaparecida puido desprazarse, segundo informa o xornal La Voz de Galicia e a CRTVG. 


Outro dos factores que poderían influir na calidade da imaxe das cámaras de videovixiancia é a falta de luz dado que as imaxes analizadas foron gravadas de noite. Esa carencia nas gravacións podería dificultar moito non só a lectura das matrículas senon tamén clarificar o número de persoas no vehículo ou o sexo dos ocupantes. 


Este feito provocou que os investigadores botaran man dos lectores de matrícula existentes na AP-9 e que fan un seguimento preciso dos turismos que percorren a estrada. Estes lectores poderían superar a quincena.

LUGO


Ante as chamadas de persoas que afirman ter visto a Diana Quer en diversas partes da provincia de Lugo, a Garda Civil investiga cada unha desas chamadas. 



POWERED BY BIGPRESS