A Xunta está "a reforzar" a colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado para o control da comercialización da uva en Galicia durante estas datas de vendima.

Trátase, segundo un comunicado difundido polo Goberno galego, de "verificar" o cumprimento da normativa relativa ao transporte dos produtos vitivinícolas.

Estes controis súmanse aos que realizan os propios consellos reguladores para verificar a entrada de uva nas adegas, con, en concreto, 109 técnicos para as cinco denominacións de orixe (DO).

Pola súa dimensión, a maior parte (33 en total) centra a súa actividade na DO Rías Baixas; mentres o resto repártese entre O Ribeiro (31), Valdeorras (17), Ribeira Sacra (15) e Monterrei (13).

POWERED BY BIGPRESS