Un veciño da localidade pontevedresa de Cuntis gañou un 'Sueldazo' de 5.000 euros ao mes durante 20 anos e 300.000 euros en man co cupón da Once do pasado 1 de outubro.


Segundo informou a entidade, a axente vendedora que repartiu o premio é Elisa Mirada Carballo, quen vendeu tamén nove cupóns máis premiados con 20.000 euros.


Elisa Miranda, cunha discapacidade física, é vendedora de produtos de xogo da Once desde 2004. Antes de desenvolver o seu labor profesional en Cuntis traballou na veciña localidade de Moraña.


A sorte da Once sorriu todo o fin de semana a Galicia, xa que o sorteo do 'Cuponazo' do venres, día 30, deixou 200.000 euros de premio en dous cupóns vendidos en Gondomar (Pontevedra) e Monterroso (Lugo).


Finalmente, o sorteo deste domingo deixou cinco cupóns premiados, de 20.000 euros cada un, na cidade da Coruña.



POWERED BY BIGPRESS