A fiscalía de Galicia ten coñecemento de que entre os condutores reincidentes e multirreincidentes están os verdadeiramente perigosos para a seguridade nas estradas, por iso o departamento de seguridade vial do ente autonómico está a traballar na creación dun equipo criminolóxico que realice perfís dos condutores máis perigosos.


Este equipo de traballo formarano gardas civís de tráfico e policías locais das sete grandes cidades galegas. É un plan pioneiro para que os fiscais poidan solicitar ao xulgado o perfil criminolóxico sobre a perigosidade do condutor e o seu prognóstico de reincidencia e así poder adaptar a pena ou as medidas á realidade do infractor.


Trátase dunha iniciativa para adecuar as medidas ás circunstancias particulares de cada condutor condenado por un delito de seguridade vial. Algúns exemplos serían a asistencia en talleres de seguridade vial ou tratamentos rehabilitadores, ou o ingreso nunha clínica en caso de adiccións de alcohol ou drogas, ou incluso o decomiso do vehículo, segundo publica o xornal La Voz de Galicia.


O obxectivo que perseguen coa creación deste equipo é buscar a rehabilitación do reincidente e evitar que volva atentar contra a seguridade vial. 


POWERED BY BIGPRESS