A Consellería de Infraestruturas e Vivenda levará a cabo un corte de tráfico no Corredor do Morrazo para acometer traballos de estabilización dun talud inmediatamente anterior ao viaduto da Moura, co obxectivo de garantir a plena seguridade dos usuarios e dos traballadores da obra da Autovía.


Tras as voaduras das semanas pasadas, detectouse nese talud en concreto o terreo reacciona de forma diferente ao inicialmente previsto. Ante esta situación, adoptouse a decisión primeira de acometer de forma preventiva estes traballos de estabilización, que farán necesario cortar o tráfico no corredor.


Buscouse minimizar o efecto no tráfico polo que se decidiu realizar os traballos na xornada do sábado, cando habitualmente menos coches circulan por esa vía, e empezaranse as tarefas á primeira hora, ás 8,00 horas, para terminadas en canto sexa posible, ao redor das 20,00 horas.


Ademais, o vindeiro luns realizaranse novas voaduras noutros puntos do trazado que obrigarán a realizar cortes de tráfico puntuais en diferentes momentos do día. Estes cortes estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de forma manual.

POWERED BY BIGPRESS