O iogur de licor café, unha revolución. //Foto: twitter

É coñecido que a maior parte dos produtos que chegan ao mercado non conseguen triunfar entre os consumidores. Pero a empresa Larsa comeza con bo pé no seu intento de ampliar o número de sabores dos seus produtos, pois están a ter unha gran acollida nas redes sociais.

En particular, a rede anda revolucionada polo novo iogur de licor café que se comezou a comercializar a semana pasada. E é que para moitos internautas desconfiaban de que se tratase dun engano que comezara a circular.


É real, existe, e, ademáis, fan un bo uso do galego, pero a tirada polo momento é pequena.

Xunto a este, Larsa tamén introduciu no mercado os iogures de torta de limón, mandarina e de mazá ao forno.

POWERED BY BIGPRESS