Unha tese dunha investigadora da Universidade de Vigo logrou poñer de manifesto o potencial da casca de castaña nos procesos de absorción e biorremediación para a eliminación de contaminantes en contornas acuáticas.


Segundo o estudo, da investigadora Marta Cobas (do grupo de Bioingeniería e Procesos Sustentables), a casca de castaña revelouse como un material altamente útil nas técnicas de absorción de contaminantes. Así, tras facer probas con cascas e outros materiais, como arxila e algas, as primeiras resultaron ser as que mellores propiedades demostraban.


Por outra banda, tamén se utilizou este residuo orgánico en procesos de biorremediación, é dicir, en técnicas fisicoquímicas para eliminar contaminantes a través do uso de fungos. Neste caso, as cascas de castaña tamén ofreceron resultados prometedores, para inducir a produción de encimas do fungo implicadas nesa eliminación de contaminantes.


A investigación de Marta Cobas incluíu tamén o deseño e simulación mediante software dun sistema integrado secuencial para a eliminación de efluentes de contaminación mixta. Así, a integración de ambas as técnicas (absorción e biorremediación) supón "unha solución respectuosa co medio ambiente, eficaz e sustentable", segundo esta científica.

POWERED BY BIGPRESS