Localizan o corpo do ancián desaparecido en Cercedo-Cotobade
martes, 25 de octubre de 2016, 16:12
Un helicóptero da Garda Civil localizou este martes o cadáver de Manuel C.G., de 83 anos de idade, cuxa desaparición fora denunciada pola súa familia o pasado xoves.
O helicóptero, que forma parte do dispositivo de procura despregado desde hai días, avistou o corpo pasadas as 12.00 horas nunha área de maleza da zona coñecida como Atalaia de Viascón, a poucos quilómetros da vivenda do home, tamén esa parroquia de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
A familia de Manuel denunciou a súa desaparición ao non ter noticias súas desde o xoves pola tarde. Efectivos da Garda Civil, con medios aéreos e cairos, así como de Protección Civil e veciños voluntarios, despregaron un operativo de procura que, finalmente, deu froitos este martes.