O Celta busca manter o seu bo nivel no choque do domingo nas Palmas. Conscientes de que unha vitoria os achega un paso máis a postos europeos e de que o equipo canario está a só un punto dos celestes, só un dos adestramentos desta semana se celebra coas portas abertas.


Coa moral reforzada tras a vitoria no derbi, visitarán a un rival dos que máis fútbol desprega da liga. De momento, a única ausencia nos adestramentos é a de Guidetti, que atravesa un proceso gripal, pero que podería chegar o domingo.


Só este venres os de Berizzo deixarán entrever as súas preparación para o encontro. O sábado volverán adestrar a porta pechada antes de viaxar a Canarias.

POWERED BY BIGPRESS