O sociólogo e escritor galego Fermín Bouza Álvarez, fillo do intelectual Fermín Bouza Brey, faleceu o pasado sábado aos setenta anos en Madrid. 


Altamente considerado entre a comunidade científica e universitaria, e tamén entre o colectivo de galegos en Madrid, Bouza Álvarez desenvolvía a súa actividade profesional como catedrático de Socioloxía, especializado en Opinión Pública, na Universidade Complutense de Madrid. Era tamen colaborador de diversos medios galegos e tiña un blog en lingua castelá, El voto con botas, no que ademais de comentar a actualidade, relataba con pinceladas a súa enfermidade.


Persoaxes públicas como Martiño Noriega ou Manuel Rivas lanzaban onte mensaxes de loito polo pasamento de Bouza Álvarez. Tamén alumnos e amigos lle dedicaban palabras de agarimo nas redes sociais.




O seu corpo incinerábase hoxe, ás 10.20 horas, no cemiterio da Almudena, segundo informa Faro de Vigo. 

POWERED BY BIGPRESS